O ARRANDEADOIRO | O |
07 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.EN SANTIAGO as pedras arden, as sombras caldean o solpor, mesmo se pegan no calzado e siguennos en inquedas incertidumes. Atopo a Fito, o ex xogador do Compostela e Atlético Ribeira dos anos setenta. Sigue a pé do canón como supervisor das direccións inferiores da Ximnástica do Sar. Lembrámonos de Frións, dos ascensos do Atlético Ribeira. Sigue inquedo e nervudo, menos mal que estabamos sentados e aínda así sudoume o asiento. Xa facía tempo, pero nas festas volve cando pode Cándido Fernández, un caso único na historia. É natural de Santa Uxía de Ribeira, e a pesare s diso un cabaleiro educado, tolerante e liberal. Pregúntome, ¿por qué marchou da cidade, ca falta de empresarios serios e educados tan grande que temos? Quizás foi que se sentía só. Non se para con tanto traxín. Veremos se o corpo aguanta. Por certo, ¿qué pasa co peixe de fondo?. Na ría non se atopa e fóra dela tampouco. Dixéronme que se asina algunha faneca no Sinal, darémolle un tento, e xa se saberá. Alguén comentoume que houbo unha manifestación hai uns días en Corrubedo, na que se arriou estopa cantidade a tódolos partidos políticos do municipio. Debe ser a novidade. Fagamos a todos responsables e así resignamonos en caridade cristiana. É moi curioso, a manifestación do verán na parroquia ribeirense vai camiño de ser un clásico do mes estival de agosto, como o é a rapa das bestas do Curro da Enxa en Porto do Son ou a festa do Facho. Voume, que me están a esperar uns amigos para ir cear a vila de Rianxo. Non omnis moriar. Nunca se morre de todo.