Patrocinado porPatrocinado por

Carril, centro de debate sobre a pesca artesanal no mundo

e. pérez / R. E. VILAGARCÍA / LA VOZ

PESCA Y MARISQUEO

Martina Miser

Especialistas de catro países participan nunhas xornadas de intercambio pesqueiro

02 jul 2019 . Actualizado a las 21:03 h.

Científicos e pescadores de catro países reúnense estes días en Vilagarcía para falar da situación da pesca artesanal a través do obradoiro Co-construyendo futuros sostenibles para la pesca de pequeña escala. A artífice desta iniciativa é a Universidade de Södertörn, en Suecia, que se fixo eco da investigación levada a cabo no 2014 por un grupo de expertos procedentes de Chile, Vietnam, Sudáfrica e España. Os investigadores afirman que a pesca de pequena escala é unha actividade esencial para o sustento das localidades costeiras, xa que contribúe a preto do 70 % do consumo humano mundial.

Esta xuntanza de científicos e traballadores do mar ten lugar na localidade arousá ata o día 5, co obxectivo de comparar o estado desta práctica nos diferentes lugares, tendo en conta que Galicia conta cunha ampla tradición mariñeira.

As actividades que forman parte deste taller internacional inclúen charlas e debates entre os participantes, que puideron visitar onte a confraría de Carril e a lonxa de Cambados. Á inauguración das xornadas acudiu Mercedes Rodríguez, directora xeral de Pesca e Acuicultura, quen destacou o necesario recoñecemento do labor das mariscadoras, que, aínda que constitúen a maioría no sector, seguen sufrindo desigualdade.