A décima xornada das Ligas de Fútbol Veterano de Pontevedra deixa a dous equipos da zona destacados nás súas respectivas categorías. O Mecos no Grupo 1 ou División de Honra, e o Albariño, no Grupo 3. Ambos, segundos na clasificación.
O conxunto grovense accedeu ao posto de honra mercede ao seu empate en casa co Soho Coffee de Meis e aos pinchazos do Arcade (1-0 co Poio Comervía) e do Compadre (3-0 ante o Merendero). A igualada do Mecos ten nembargante unha segunda lectura menos positiva, ao ampliar de tres a cinco a súa desvantaxe co líder invicto, o Merendero, que con oito trunfos e un único empate encabeza en solitario a táboa.
Tamén no Grupo 1, o San Pedro de Vilagarcía impúxose 1-2 ao Cambados no derbi comarcal da xornada e o Amanecer 1-2 ao Estradense. O Hierros Arosa asinou na casa un 1-1 co Construcciones M. Herbello e Boa Vila e Vilagarcía encaixaron sendas derrotas a mans do Centro Penitenciario A Lama (1-0) e o Netos da Coca (2-1), respectivamente.
No Grupo 2, o Sisán Feilosur derrotou 3-0 o Choco Galicia, o Meaño empatou a uns no seu feudo co Portonovo e o Caleiro sufríu unha doorosa goleada ante a súa afección fronte ao Martínez Otero da Estrada: 1-5.
O Albariño mantén unha semana máis a tiro o líder do Grupo 3, o Portas, logo de vencer 1-3 o Viascón. O Fátima repartíuse en Vilagarcía os puntos co Marín (2-2) e Distribuciones Güipe e Castrelo perderon co Ambulancias Pontevedra (2-1) e co Marcón (1-0). O Catoira descansou.
No Grupo 4 o Vilalonga impúxose 2-1 ao Joyería Riveiro e o Dena 0-1 ao segundo clasificado, o La Verga, na que foi a sorpresa da xornada. O Xocas rematou 1-1 o seu partido na casa co San Antoniño.
Polo que respecta ao Grupo 6, derrotas dos dous representantes da zona. O Abalo caeu 3-2 no campo do Mecarcón e o Armenteira 1-3 ante o Caldas.