Denuncian que un paciente lleva cinco años esperando por una consulta en Urología en el hospital y el Sergas explica que lo sigue Atención Primaria
A MARIÑA
El paciente padece problemas de próstata y desde Sanidade explican que se le realiza seguimiento periódico
12 mar 2025 . Actualizado a las 10:56 h.La Plataforma Sanitaria de A Mariña denuncia que un paciente lleva cinco años esperando por una consulta en Urología, en el Hospital Público, mientras que el Sergas explica que está recibiendo un seguimiento periódico por parte de Atención Primaria y que es una «afección leve que se está seguindo con análises periódicos».
Desde la Plataforma Sanitaria da Mariña señalan: «Denunciamos a situación pola que está a pasar un paciente que leva agardando case cinco anos e medio por unha consulta de uroloxía. Este paciente padece de problemas de próstata e o servizo de uroloxía debe facer seguimento da evolución do seu problema , axustar tratamentos e solicitar probas complementarias periódicamente se o precisara, establecéndose por parte de uroloxía a prescrición anual de revisións. Máis a última vez que tuvo unha revisión por parte deste servizo foi en outubro de 2019. En decembro de 2022, cando xa levaba un atraso de máis de dous anos nos controis periódicos pautados , a súa filla contacta coa plataforma sanitaria , que lle redacta e rexistra unha reclamación que non foi atendida pola dirección do hospital , permitindo que unha persoa teña que sufrir as consecuencias que poidera haber na evolución do seu problema de saúde pola negativa a atendelo, facendo caso omiso ás prescripcións facultativas».
«Á vista de que non foi atendida nin resolta a reclamación -indican-, a familia do paciente contacta de novo coa plataforma sanitaria, nun intento de facer reflexionar á administración para que tente corrixir esta aberración e sexa de inmediato citado .É por iso que se presenta novamente reclamación o día 28 de febreiro de 2025, con rexistro de entrada número 0405 solicitando a inmediata citación desta persoa na consulta de uroloxía. Máis , segundo indica Montse Porteiro , coordinadora do colectivo , “ dez días despois a dirección do centro e a xerencia non tiveron a decencia de corrixir a situación como sería de agardar polo agravio que está a sufrir pero é que tampouco se dignaron a ofrecer unha desculpa e un propósito de subsanación; é simplemente intolerable. Esta persoa, a maiores ten antecedentes familiares de cancro de próstata».
Desde el Sergas en Lugo responden que «o Servizo de Uroloxía do Hospital Público da Mariña atende todas as patoloxías en función da súa prioridade clínica, de xeito que todos aqueles procesos tempo-dependentes son atendidos de forma prioritaria, garantindo unha atención rápida a todos os pacientes que o precisen».
«Deste xeito, en relación á información remitida pola Plataforma Sanitaria de A Mariña sobre a unha consulta do Servizo de Uroloxía do Hospital da Mariña, decir que se trata dun revisión dun paciente cunha afección leve e en seguemento polo seu médico de Atención Primaria. Non se trata dunha consulta diagnóstica, senón, insistimos, da revisión dunha afección que non reviste gravidade nin é prioritaria», informan.
«O paciente está sendo atendido e a seguemento desde o seu centro de saúde de Atención Primaria, constatando a existencia de controis analíticos periódicos da súa afección, polo que en caso de que fora preciso, o facultativo de Atención Primaria podería solicitar a derivación do paciente a consulta especializada a través dunha vía priorizada de atención. Hai que lembrar a posta en marcha en toda a área sanitaria, incluido o distrito sanitario de A Mariña, do Programa HERMES, para a derivación rápida desde atención primaria de todos os procesos patolóxicos que non deben esperar, atendendo sempre a criterios clínicos. Esta vía de derivación rápida ao hospital garante unha atención priorizada de aqueles casos máis urxentes. Insistimos, en base á situación clínica do paciente», concluye el Sergas.