«Eu falo moito da morte porque é unha realidade importante da vida»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

PACO RODRÍGUEZ

Marina Mayoral presenta hoxe «El abrazo» na Libraría Bahía de Foz, ás 20.30 horas

23 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Marina Mayoral, escritora mindoniense, disfruta da estancia na súa cidade natal recén transcurridas As San Lucas, nas cales «non se daba un paso, era unha masa espesa», di. Hoxe presenta arroupada por Armando Requeixo El abrazo (Libraría Bahía de Foz, a partir das 20.30 horas).

-¿Soe ter a oportunidade de disfrutar de As San Lucas?

-Fai moito tempo que non viña ás San Lucas, acordábame da xente, dos cabalos... pero agora case os cabalos non se vén da xente que hai, moita, arredor da Catedral. Estou por aquí ata o martes, día no que vou a Avilés onde teño unha presentación de El abrazo e unha conferencia. Falarei de literatura erótica.

-¿Como ve ese xénero por certo?

-Falarei de 50 sombras de Grey xa que a xente está interesada en coñecer a opinión. Como literatura é moi mala pero é unha fenómeno social. Se hai xente que non lee nada e le iso, pois ben. Eu dirixira en Andalucía un curso sobre literatura erótica. Na miña casa lía a Corín Tellado, tiña unhas esceas suxerentes para aquela época e escribía con certa gracia. 50 sombras de Grey formouse nos talleres de narrativa e mete moito rollo ata que chega a escena erótica, que é o que o que a xente está agardando a ler. Pero á xente gústalle.

-Cóntenos algo de El abrazo...

-Unha personaxe que experimenta unha morte clínica como consecuencia dun infarto, ve. ¿E que ve? A súa vida pasada, a súa muller e seu irmán abrazándose dun xeito que non é fraternal. «¿Viste algo?», lle pregunta a xente (está escrito en castelán). «Ni oí músicas celestiales ni vino nadie a recibirme», contesta. Parece literatura fantástica. En realidade hai multitude de experiencias escritas sobre este tema... Eu falo moito da morte porque me parece unha realidade da vida moi importante.

-¿Como a mira de fronte?

-Na novela aparece citada unha frase de Unamuno que dicía que a certeza sobre que será de nos cando morramos, ao ser humano estalle negada. Non sabemos que pasa. Di que no fondo espíritu do ateo máis convencido hai unha voz que di «quen sabe» e resoa incluso no crente. É unha voz tan tenue, como un zumbar dun mosquito no medio do bramido da tempestade. Aí nos movemos. Quero destacar da novela que o que revive é se é certo o que el cre ter visto entre a súa muller e seu irmán, a impresión de que esas dúas persoas se aman e el é o terceiro en discordia. Fanse varias interpretacións para que o lector tome postura.

marina mayoral escritora mindoniense

«Fai moito tempo que non viña ás San Lucas»

«Na novela invito a que o lector tome postura»