Cunqueiro é un activo que Mondoñedo atesora

La Voz

A MARIÑA

O Concello promove múltiples iniciativas para conmemorar o centenario do nacemento do escritor

05 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Cunqueiro é o escritor mindoniense con máis proxección universal. Con motivo do centenario do seu nacemento o Concello organiza unha programación de actos na que se poden distinguir tres vertentes claras: a institucional, a divulgativa e de promoción e difusión e outra terceira na que haberá concertos, actuacións, etcétera.

Para levar a cabo esta programación contan coa colaboración doutras institucións, entre elas destacan a área de Cultura da Diputación, coa que vai firmar un convenio o Concello.

No eido institucional, Mondoñedo xa se coordinou con varias entidades (Consello da Cultura, universidades galegas, Concello de Vigo, Real Academia Galega, Consellería de Cultura) para levar a cabo unha serie de actividades ao longo de todo o ano por Galicia.

Seminario

O primeiro acto en Mondoñedo foi o 28, coa ofrenda floral na que tan activamente participou Ferrol; en abril haberá outra cita importante, coa implicación da RAG e que seguramente se fará no seminario mindoniense, onde tomara posesión como académico o autor do Merlín. En agosto a exposición itinerante que percorre Galicia recalará en Mondoñedo e a fin de ano haberá outros actos que pivotarán arredor da maxia das palabras (contacontos, performances...).

Outro bloque de actuacións está ligado ao que popularmente se coñece como merchandising: lonas que se pendurarán dos edificios de Mondoñedo con textos e alusións ao escritor, material que se poñerá a disposición dos visitantes no centro cultural da Alcántara (lápices, bolsos...) e, na hostalería, que xa fixeron degustacións, tamén adornarán manteis, tazas, etcétera, relativos a Cunqueiro.