María Isabel Costas: «Queremos internacionalizar as vendas de porco celta»

«Sen os que traballamos no campo, as cidades non viven», sentencia esta emprendedora viguesa asentada no municipio lugués de Carballedo, convencida das vantaxes do traballo cooperativo e crítica coas resistencias dos galegos a apostar pola economía social. Fronte á Galicia baleira, pelexa por abrir novos mercados para os produtos de Tres Fuciños, unha carne da mellor calidade e sabor