.

O día que coñecín ao autor do Berro Seco

«(...)Dende sempre tivera ganas de visitar esta bisbarra, polo que oíra das súas fermosas paisaxes, dos seus costumes, a súa historia, as súas lendas, e tamén porque consideraba que era un pouco máxica, envolta nas brumas misteriosas procedentes do Atlántico. Por iso, cando se me presentou a ocasión de facelo, non o pensei dúas veces(...)»

.

Patrimonio e aprendizaxe sobre rodas

O Concello de Cabana ten preparado para mañá un Día da Bici que partirá do dolmen de Dombate para logo percorrer un entorno de elevado valor arqueolóxico. «Arqueociclismo polo chan de Borneiro» é unha cita para toda a familia, apta para pequenos e maiores