O seu proxecto para a promoción da lingua entre a infancia vén de ser recoñecido cun dos Premios Rosalía de Castro da Lingua da Deputación
29 may 2026 . Actualizado a las 14:11 h.Vitamina G, un proxecto de promoción do galego promovido pola docente cabanesa Mariña Lema vén de recibir un novo galardón. Se no 2025 fora o Mil primaveras máis, iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüistica (CTNL), agora a iniciativa de Lema vén de recibir ex aequo con A Gramola Gominola —na categoría de mellor proxecto de dinamización lingüística para a infancia e a mocidade— un dos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua promovidos pola Deputación da Coruña. Salientouse de Vitamina G a súa orixe nun centro educativo dun barrio coruñés cun contexto altamente desgaleguizado e con alumnado chegado de diferentes realidades lingüísticas. O seu papel cohesionador e a súa posibilidade de exportación foron puntos moi valorados do proxecto. Con todo, Mariña e A Gramola non foron as únicas recoñecidas nestes galardóns convocados pola área de Lingua da Deputación, este ano con 31 candidaturas e con 5.000 euros para cada unha das categorías. Na de persoa que máis destacou na promoción da lingua galega, o afortunado foi Carlos Callón. Na de entidade, a premiada foi precisamente a CTNL.