Casahamlet e Cabana renderon tributo a Xtremis

Patricia Blanco
P. Blanco CARBALLO / LA VOZ

CABANA DE BERGANTIÑOS

Un intre da homenaxe de Casahamlet a Ramón Ameijenda, Xtremis
Un intre da homenaxe de Casahamlet a Ramón Ameijenda, Xtremis ANA GARCÍA

De Ramón Ameijenda Pazos destacaron a súa dedicación e valores como intérprete

30 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Teatro, poesía, emoción e moitos aplausos conviviron na noite do xoves no auditorio de Cabana. Alí, Casahmalet representou Pode sorrir e ser un bellaco, unha función singular para a compañía, pois incluíu homenaxe ao cabanés Ramón Ameijenda Pazos, Xtremis, quen dixo deberlle os seus inicios na interpretación a este agrupación. «Sen eles nada disto sería posible», afirmou enriba do escenario. 

Cun diploma firmado por todos os integrantes da compañía recoñeceron «a súa dedicación ás artes escénicas e os seus valores como intérprete», en palabras de Santiago Fernández, director. Tamén dende o Concello de Cabana quixeron sumarse a este tributo e aos mellores desexos para Ramón coa entrega do detalle institucional municipal, un dolmen de Dombate, que lle chegou das mans de Silvia Losada, técnica de Cultura, e José Muíño, alcalde.

Cargado de agradecementos e comezando pola familia presente, Xtremis convidou a destinar os cartos que van para guerras a escolas de teatro e tamén deixou dito: «Viva o idioma galego para todos!».