Bisneta dun emigrante de Crecente, a escritora traduce a autores galegos Erin Moure está considerada como unha das poetas contemporáneas máis importantes de Canadá. Filla e neta de emigrantes, a súa ascendencia é unha mestura de orixes irlandeses, ingleses, ucranianos, polacos e, como permite intuir o seu apelido, galegos. Bisneta dun cociñeiro de Crecente que emigrou a Portugal e Inglaterra, Erin Moure decidiu aprender galego en 1998, unha lingua que incorporou á súa creación poética en libros como «O cidadán». Agora proxecta traducir ó inglés a Castelao ou Chus Pato.
XESÚS FRAGA