09 mar 2002
Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega
Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».