Euloxio Rodríguez Ruibal, autor de «Zardigot» Na galería de arte que dirixe en Compostela, Citania, repousan unhas esculturas inquedantes, que deixan ver só un rostro e un xesto. Son como retratos teatrais, así que mesmo no seu labor como galerista, Euloxio Ruibal segue confiando no carácter escénico das cousas. Un carácter que o autor de «Zardigot», primeira das obras teatrais que publica a Biblioteca 120, considera que xa estaba neste libro que nos tempos heroicos de Ribadavia -eso din- foi premio Abrente. Considérase un autor paradoxal porque publica moito, pero é pouco representado e mais porque está inédito na escena profesional galega.
CAMILO FRANCO