TEMA RAG

Últimos artículos publicados

04 jun 2002

«Arraianos», unha das mellores obras de Méndez Ferrín

Foi un dos libros máis recoñecidos nos anos noventa durante os que acadou o recoñecemento da Crítica tanto galega como española. Os críticos falan dunhas páxinas «estremecedoras e vibrantes». O escritor renovou o seu apoio ós falantes das zonas limítrofes de Galicia no «xantar de Cacabelos» Lecturas cualificadas

XOSÉ HENRIQUE COSTAS

31 may 2002

Barreiro llama a los humanistas a encarar con ideas la tecnificación de la sociedad

El presidente de la Real Academia Galega apadrinó la sexta promoción de titulados del campus ¿Para qué sirven las Humanidades? Xosé Ramón Barreiro, presidente de la Real Academia Galega y catedrático de Historia Contemporánea, tiene la respuesta a tan «impertinente» pregunta. Y ayer, en el campus, se la puso en bandeja a los alumnos de la sexta promoción de la licenciatura. «Os humanistas ¿advirtió¿ teñen a responsabilidade de dar ideas para que a tecnificación non se volva contra o home».

REDACCIÓN

19 may 2002

A Biblioteca Penzol atesoura dous documentos autógrafos de Sarmiento

Os manuscritos, unha carta e un tratado, son os únicos orixinais que se conservan en Vigo O Museo-Biblioteca da Fundación Penzol, constituído cas propiedades artísticas e bibliográficas doadas á cidade de Vigo polo ex-presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, posúe uns fondos de enorme valor histórico. Entre eles, atópanse os dous únicos documentos autógrafos do pai Sarmiento que se conservan en Vigo. Aínda que o altruista intelectual coñecía a súa existencia, hai uns días os funcionarios da entidade deron cos manuscritos de xeito casual buscando outra cousa.

B.R. SOTELINO

18 may 2002

Villafranca fai historia ó acoller unha sesión da Academia celebrada en galego

Sarmiento e os colectivos que defenden a lingua de Rosalía no Bierzo, protagonistas do encontro entre Galicia e Castela e León Pasaba un chisco das dúas da tarde cando no teatro Vilafranquino un gaiteiro tocaba o Himno Galego. As xentes de Villafranca asistentes ó acto escoitaban en pé. Era o remate dunha sesión histórica da Real Academia Galega que, por primeira vez, tiña lugar nun dos territorios limítrofes con Galicia onde hai case corenta mil galego-falantes.

RODRI GARCÍA

18 may 2002

O coiro negro do alcalde de Oencia, un icono na «encrucillada lingüística»

O son das gaitas uniu a galegos e bercianos O sol do mediodía arrinca brillos das pedras da colexiata de Villafranca, unhas pedras labradas polo pai de Frei Martín Sarmiento, traballo polo que o futuro fraile naceu na vila. Camiño da praza Maior está o convento dos paúles que onte, na fachada, tiña unha bandeira galega cunha estrela de cinco puntas.

R.G.

17 may 2002

Galicia festexa hoxe o día das súas letras homenaxeando a figura dun pioneiro

Frei Martín Sarmiento centra os actos que se celebran en toda a comunidade En 1963, cunha homenaxe a Rosalía de Castro iniciábanse as celebracións do Día das Letras Galegas. Cada ano, no día de hoxe, Galicia festexa a súa lingua propia e unha literatura que, despois de atravesar momentos difíciles, transitan polos camiños da normalización. Arredor desta data central as catro provincias galegas e nas cidades máis afastadas, hai unha celebración para conmemorar a fala dun pobo que desexa conxugar nela o seu futuro. O pasado ofrece hoxe un exemplo, o de Martín Sarmiento, que reivindicou o galego como lingua propia, un ensino racional e igualitario e, con iso, a construcción dun país mellor. A súa figura é a que cataliza hoxe as celebracións.

XESÚS FRAGA

17 may 2002

A Real Academia pide políticas de defensa do galego no ensino, a empresa e os medios

As propostas enviadas á Xunta solicitan que se condicione a concesión de subvencións ó emprego do idioma da comunidade A Real Academia Galega demanda maior implicación do goberno autonómico no fomento do uso do galego. O seu presidente, Xosé Ramón Barreiro, clausurou onte a sesión plenaria extraordinaria que os académicos mantiveron no Teatro Principal de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas dando lectura a unha serie de propostas á Xunta e ó Parlamento para solventar problemas que están impedindo a normalización do idioma.

CHRISTIAN CASARES

17 may 2002

Máis pulos para a lingua desde Deza e Tabeirós

As comarcas celebraron onte varios actos para lembrar esta data e ó homenaxeado Frei Martín Sarmiento As comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes non se esqueceron de celebrar o día das Letras Galegas e sumáronse ós numerosas actividades que en toda Galicia se celebran por este motivos. Actos institucionais e de colectivos déronlle un pulo máis a lingua e homenaxearon a Frei Martín Sarmiento no día de onte. Algúns aínda seguirán durante esta fin de semana. Este é o caso dos actos organizados en Merza por varios colectivos para o vindeiro domingo pola tarde con música, literatura e teatro.

REDACCIÓN

17 may 2002

A celebración do Día das Letras Galegas cumpriu onte a edición número corenta

Tres académicos reivindicaron a data no centenario da edición do libro «Cantares gallegos» Corenta edicións cumpriu onte o Día das Letras Galegas. Botando unha ollada o que pasou onte no país galego, e fóra del, parece que non mudou moito a celebración da xornada. Polo menos segundo conta no artigo desta páxina un dos membros da Real Academia Galega que pediu a celebración desta xornada, Francisco Fernández del Riego. Xunto con el asinaron o escrito dirixido a Academia Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. O nacemento desta data está asociado o libro de Rosalía «Cantares gallegos»

RODRI GARCÍA

15 may 2002

Os estudiantes da Troia

A Universidade de Santiago presentou a historia da institución académica durante o século dezanove Afrancesados, catedráticos «ágrafos», censores, rectores coqueteando con casas reais, liberais, desterrados... Nas centenarias aulas da Universidade de Santiago fraguáronse batallas ideolóxicas e mesmo militares. Onte presentouse o segundo volume da historia da USC, que abranga o século dezanove. O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, coordinou este libro no que conviven personaxes históricos como Montero Ríos, Manuel Murguía ou Laverde Ruíz. A presentación desta narración enmárcase nunha serie de actos con motivo do Día das Letras Galegas do vindeiro venres.

E. Á.

15 may 2002

La Voz reedita o primeiro «ensaio» sobre o galego escrito, por Frei Martín Sarmiento

«Coloquio en mil duascentas coplas galegas» é o libro que abriu as portas do Rexurdimento, segundo Henrique Monteagudo O autor dixo que era «un almacén de palabras». Aparentemente, Sarmiento tiña razón xa que fora apañando, por primeira vez en Galicia, o feixe de palabras que usaban as xentes e escribiunas no «Coloquio en mil duascentas coplas galegas», unha obra que ahora publica La Voz de Galicia dentro da Biblioteca Galega 120 e que onte foi presentada na sede da Real Academia Galega. O presidente da Xunta, Manuel Fraga, afirmou que «hoxe debemos felicitarnos por esta iniciativa de La Voz de Galicia de distribuír esta obra de Sarmiento entre os seus lectores, contribíndo dun xeito decidido á maior difusión da mesma».

REDACCIÓN