27 sep 2001
O BNG porriñés esixe a Medio Ambiente que quite de Cataboi o lixo de A Guarda
Os nacionalistas piden responsabilidades políticas a Barros, Riego e o conselleiro Carlos del Álamo O grupo municipal nacionalista de O Porriño presentará hoxe un escrito no Concello para pedir responsabilidades políticas sobre a situación do vertedeiro de Cataboi. Consideran unha «burla» que o vertedeiro porriñés esté acollendo os residuos procedentes de A Guarda cando está oficialmente clausurado. Ademais sinalan que o propio plan Sogama da Xunta contempla que o lixo de vertedeiros debe levarse a unha ecoplanta ou a Cerceda cando se empeza o selado, como é o caso do Concello guardés.