Os nomes de Labarta Pose, «Xocas» ou González Garcés contan co apoio de varios organismos e institucións ¿Quedan moitos persoeiros ós que dedicarlles o Día das Letras Galegas? A pregunta formulada cando vai para catro decenios que empezou a data ten unha resposta inmediata do presidente da Real Academia Galega: «¡Infinitos!, ¿non ves que van morrendo todos?. Só se poden designar polo menos dez anos despois do seu pasamento». Este mes os membros da Academia decidirán a quen se lle dedica o Día das Letras do 2001. Na lista están Labarta Pose, González Garcés, Xaquín Lorenzo «Xocas» ou Ben Cho Sey.
R.G.