26 ago 2000
«Piñeiro era unha personalidade excepcional en tódolos sentidos»
Carlos Casares, escritor e presidente do Consello da Cultura Galega O escritor Carlos Casares mantivo unha estreita amistade con Ramón Piñeiro, quen lle trae unhas lembranzas imborrables. El tamén foi convidado en numerosas ocasións nas tertulias ó redor da súa mesa camilla, pola que pasou o máis selecto da intelectualidade galega. Casares lémbrao como un home que destacaba pola súa intelixencia, bondade e pola ansia de buscar sempre o lado positivo das cousas, e, sobre todo, das persoas. Sabe que dez anos despois da súa morte, o seu legado segue vivo.