CRISTINA ABELLEIRA
A ENTREVISTA
Francisco Xabier Fraga Rodríguez, candidato do BNG ó Parlamento de Galicia por Bergantiños Francisco Xabier Fraga Rodríguez está convencido de que as ideoloxías «siguen vixentes», aínda que tamén pensa que o mérito dos partidos políticos é ser quen de racionalizalas. Este carballés de 46 anos de idade, licenciado en Ciencias Políticas, funcionario e dinamizador social, é o candidato do BNG ó Parlamento de Galicia en representación de Bergantiños. A nivel local gustaríalle «potenciar a comarca, con tódolos recursos económicos, humanos e físicos que ten», pero tamén ten «unha perspectiva de país», desde a cal «teño a gran esperanza de que haxa unha maioría social distinta á actual», afirma.