14 may 2002
Duascentas persoas xa cruzan gratis a ponte de Rande coa tarxeta bono-peaxe
A metade dos 3.412 solicitantes que hai ata o momento son do Morrazo, fronte un 30% de vigueses Duascentas persoas dispoñen xa de tarxetas bono-peaxe para cruzar de xeito gratuíto a ponte de Rande (sempre que fagan o percorrido entre Vigo e O Morrazo). A pasada fin de semana máis dun cento de usuarios fixeron uso dela. A Xunta presume de ter cumpridos os prazos para a posta en marcha do novo sistema. Nestes momentos, ten enriba da mesa un total de 3.412 solicitudes. A metade corresponde a residentes en Cangas e Moaña e un 31% a vigueses. Cada día unha media de dez persoas piden a tarxeta.