Vigo acolleu a última etapa de esta actividade que ten como obxectivo promover o uso do galego Baixo o lema Fala, non cales , máis de dous mil xóvenes vigueses participaron onte nunha nova edición do Correlingua, actividade que ten como obxectivo promover o uso do galego. Os «linguatletas» iniciaron o percorrido na praza do Rei e logo partiron correndo cara o parque de Castrelos. O alcalde de Vigo foi o encargado de dala saída á marcha. Xa no parque, o cantante de Os Diplomáticos, Xurxo Souto, leeu o hino do Correlingua, e comezou unha festa na que houbo agasallos para os participantes.
REDACCIÓN