«El barbero de Sevilla» estará o día 21 no Teatro Principal

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Caixanova organiza a actuación da Ópera de Cámara de Varsovia en Ourense

14 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A obra social de Caixanova e o Teatro Principal de Ourensse ofrecerán ós ourensáns a oportunidade de disfrutar dunha das montaxes máis eloxiadas de El barbero de Sevilla, de Rossini. A actuación da Ópera de Cámara de Varsovia terá lugar o próximo día 21 de maio, a partires das 20.30 horas. A venta anticipada de entradas comezou onte, podéndose reservar as mesmas nos teléfonos 988 - 24 14 92 e 25 28 87. A montaxe que se poderá ver a próxima semana na cidade conta coa ventaxa engadida de estar protagonizada pola que «é, sin lugar a dúbidas, a compañía estable de ópera máis importante e coñecida en todo o mundo». A Ópera de Varsovia continúa a tradición da idade de ouro da ópera na capital polaca. Unha tradición e un prestixio que se está vendo corroborado desde hai anos nas súas xiras por toda Europa, Estados Unidos e Turquía, ademáis de participar nos festivais máis prestixiosos -Montreux, Newport, Barcelona, Madrid, Halle, Budapest, Sicilia, Dresde, Berlín ou Roma-.