09 jul 2001
Sotelo Blanco publica un libro de relatos sobre os emigrantes en Cuba
O escritor e editor de Castro Caldelas ven de sacar ó mercado ««Non houbo queixa» O editor, escritor e antropólogo Olegario Sotelo Blanco ven de publicar un novo libro de relatos. «Non houbo queixa», que así se titula o traballo, está composto por cinco relatos que teñen como protagonistas ós emigrantes en Cuba. Coincidindo coa saida do prelo deste libro está na rúa a versión en castelán de «Contos de indianos».