O filme de Ángeles Huerta igualou o récord de «Dhogs» e Oliver Laxe volveu destacar como autor orixinal
22 mar 2026 . Actualizado a las 01:21 h.Moitos esperaban este día e o Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo non fallou. Lugo acolleu este sábado a gala dos premios Mestre Mateo, na edición coa programación máis extensa da historia e a que contou coa máxima intervención do público, que foi un dos grandes protagonistas. A coroa, sen embargo, desputárona Sirât e Antes de Nós, os dous filmes con máis premios. Foron 25 as categorías que lle deron unha alegría a os profesionais que se sentaron este sábado no novo auditorio de Lugo. O ano que vén, máis.
Fin á gala dos premios Mestre Mateo no auditorio Fuxan os Ventos. A cita raíña do audiovisual galego deixou como grandes triunfadoras da noite a Antes de Nós e a Sîrat. A primeira levou 13 galardóns, igualando o récord de Dhogs no 2018. O filme de Olive Laxe, pola súa banda, gañou en mellor son e mellor música orixinal e, sobre todo, na categoría estrela: mellor longametraxe. Ata o ano que vén!
O último premio da noite estivo reservado para a caza maior. Nesta ocasión, Sîrat non fallou e levou para a casa o galardón de mellor longametraxe. O filme de Oliver Laxe impúxose a Antes de Nós, a As liñas descontinuas e a San Simón.
A produtora coruñesa Portocabo levou o galardón da categoría de mellor serie de televisión grazas a Weiss & Morales. O proxecto de estilo policíaco fixo subir ao escenario a Alfonso Blanco, uno dos seus creadores.
Alegría para a comarca da Montaña. 360 curvas, elixido gañador do mellor documental. Esta é a cifra dos xiros que separan a A Fonsagrada de Lugo.
Hibernarse - O Videofilme, de Fillas de Cassandra, faise co galardón a mellor videoclip.
O premio a mellor programa recaeu nas mans dos responsables de Cos pés na terra, que se emite na TVG.
Cris Iglesias, gañadora da categoría a mellor interpretación feminina protagonista polo seu papel en Antes de Nós.
A noite xa encara a súa fin, pero «Antes de Nós» segue acumulando premios. Esta vez, a honra foi para Elia Robles, que levou o galardón de mellor dirección de arte.
Un dos premios máis importantes da noite quedou en mans, como non, de Antes de Nós. Ángeles Huerta foi seleccionada como gañadora da categoría de mellor dirección. É o décimo premio do filme esta noite, e non un calquera.
Os Mestre Mateo quixieron recoñecer este sábado a traxectoria da tradutora e lingüista Rosa Moledo. Nativa de Mazaricos, traduciu multitude de obras ao longo de varias décadas e contribuíu á riqueza do audiovisual galego co seu traballo. Por iso, outorgóuselle o Premio de Honra.
Turno para a categoría de mellor anuncio publicitario. Esta vez, o spot premiado foi Ao noroeste do oeste, do Concello da Coruña.
Novo premio para Antes de Nós. Lucía Caramelo levou a categoría de mellor dirección de produción.
??? ?????? ???????? agradece emocionada o premio a ?????? ?????????? ?? ?????????? por ????? ?? ????.#PremiosMestreMateo #AudiovisualGalego #TalentoGalego pic.twitter.com/M5sRYTGwZm
— Academia Galega do Audiovisual (@AcademiaGalegaA) March 21, 2026
O filme de Oliver Laxe volve a aparecer entre os premiados. Esta vez, grazas a Amanda Villavieja, que acadou o premio a mellor son. Recolleu o galardón no seu nome Diego S. Staub.
Lucía C. Pan, gañadora na categoría de mellor dirección de fotografía polo seu traballo, de novo, en Antes de Nós.
A noite doce para Antes de Nós continúa no Fuxan os Ventos. Xoán Fórneas, que encarga a Castelao no filme, levou o premio na categoría de mellor interpretación masculina protagonista. É, polo momento, o sétimo recoñecemento para a película.
Xabier Díaz puxo unha pausa na gala para recordar a aquelas persoas vinculadas á arte galega que faleceron neste último ano.
Xabier Díaz pon música ao 'In memoriam' da gala dos #PremiosMestreMateo ???????? pic.twitter.com/QajtYv2cIn
— Academia Galega do Audiovisual (@AcademiaGalegaA) March 21, 2026
Lucía Iglesias, premio Mestre Mateo na categoría de mellor montaxe por Antes de Nós. Outro galardón máis para a produción de Ángeles Huerta e Pepe Coira.
Pepe Coira, gañador da categoría mellor guion. Unha das consideradas como grandes áreas dos Mestre Mateo recae en Antes de Nós. Segundo ano consecutivo que o lucense leva esta honra.
O escritor e editor pontevedrés Marcos Nine foi o galardoado na categoría de mellor realizador polo seu labor en Historias de aquí.
Con máis de tres décadas de carreira ás súas costas, a Academia Galega do Audiovisual volveu recoñecer este ano o traballo de Xosé Ramón Gayoso. Para el foi o premio de mellor comunicador como presentador do Luar, da TVG.
? XXIV #PremiosMestreMateo | O premio a ?????? ??????????? é para ????? ?????? ?????? polo programa @luartvg.#AudiovisualGalego #TalentoGalego pic.twitter.com/V2MNkDakBC
— Academia Galega do Audiovisual (@AcademiaGalegaA) March 21, 2026
Aínda que a mellor serie web xa foi unha serie animada, non foi a única alegría para este sector. De forma consecutiva, O corpo de Cristo levou a súa categoría, mellor curtametraxe animada.
Bechos, a serie animada de Andrés Mahía, producida a partir dunha idea de Sofía García e Saúl Rivas, gañadora da categoría mellor serie web.
Mellor curtametraxe de imaxe real: Curmán. A viaxe de Antón á aldea dos seus avós, dirixida por Alejandro Jato, leva a categoría.
O premio a mellor vestiario vai parar ás mans de Aránzazu Domínguez. De novo, baixo o paraugas de Antes de Nós.
O premio máis emocionante ata agora e, con total seguridade, de toda a noite. Miquel Insua levou o premio a mellor interpretación masculina de reparto polo seu papel en Antes de Nós. Insua faleceu o pasado 30 de decembro. María Liaño recibiu o premio no seu nome.
O filme de Oliver Laxe estrea o seu casilleiro esta noite. Kangding Ray foi o gañador do premio a Mellor música orixinal por Sirât. Francisco Arnoso (Pixi), recolleu o galardón ao non poder facelo el de maneira presencial.
Chicha Blanco e Lorena Calvo levan o premio a Mellor maquillaxe e perruquería polo seu labor en Antes de Nós. Segundo galardón para o filme.
Premio ex aequo na categoría de Mellor actriz! As dúas galardonadas son Luisa Merelas e Victoria Teijeiro, ambas por Antes de Nós.
Arranca a gala! Todos nos seus asentos, preparados para o espectáculo e para coñecer quen son os afortunados que se impoñen nesas 24 categorías.
O cinema galego uniu esta tardiña a representantes de tódalas institucións en Lugo. Cargos da Xunta, do Goberno, do Concello e da Deputación posaron ante ás cámaras á súa chegada ao auditorio Fuxan os Ventos para amosar a súa alegría por participar na xornada dos Mestre Mateo. Ao encontro acudiu Yolanda Díaz, ministra de Traballo, que tamén apoiou á cultura española nos Óscar hai uns días.
Oliver Laxe, unha das estrelas da noite, chegou acompañado por outros actores e actrices á alfombra dourada. O director, nativo dos Ancares, asegurou que se sente «na casa» e «moi cómodo», ao tempo que reivindicou a súa forma de ser: «moi galega».
Unha quincena de lucenses aparecen como nominados na gala da súa cidade natal. Algúns deles, como Oliver Laxe ou Luis Tosar, son xa artistas con prestixio fóra de Galicia. Esta é a lista completa:
Ángeles Huerta - Mejor dirección - Antes de Nós
Pepe Coira - Mejor guion - Antes de Nós
Cris Iglesias - Mejor actriz protagonista - Antes de Nós
Xoán Fórneas - Mejor actor protagonista - Antes de Nós
Luisa Merelas - Interpretación de reparto - Antes de Nós
Victoria Teijero - Interpretación de reparto - Antes de Nós
Adrián Ríos Rúa - Interpretación de reparto - Antes de Nós
Nancho Novo - Interpretación de reparto - Antes de Nós
Miquel Ínsua López - Interpretación de reparto - Antes de Nós
Oliver Laxe - Mejor dirección - Sirat
Oliver Laxe y Santiago Fillol - Mejor guion - Sirat
Luis Tosar - Mejor actor protagonista - Golpes
David Fidalgo Omil - Cortometraje de animación - Lucus
Lucía Dapena González - Mejor documental - O silencio herdado
Santi Jul - Banda sonora - Bibopalula
Sonia Prol - Mejor dirección de arte - O home perfecto
Irene Montes, Xoán Fórneas y Fran Fórneas - Videoclip - Ferido
Grande Amore - Videoclip - Onte fun moi malo
Sabela - Videoclip - Non cho podo dar
Alba Loureiro - Serie web - Contando os días
Alba Loureiro, actriz de O home perfecto e nominada por mellor serie web con Contando los días, atendeu aos medios á súa chegada ao Fuxan os Ventos: «Estou moi ilusionada porque é a primeira vez na miña casa, en Lugo. E feliz de estar rodeada dos meus amigos e da miña familia. Creo que había unha débeda coa provincia e facía falta que se promovesen iniciativas como estos premios».
A serie O home perfecto e o programa Historias de aquí, ambos producidos por Voz Audiovisual, contan cun total de cinco candidaturas nesta edición dos premios Mestre Mateo.
A lista completa de categorías e os seus candidatos e candidatas:
Mellor película
Sirat
Antes de Nós
As liñas descontinuas
San Simón
Mellor dirección
Oliver Laxe
Lucía Estévez
Anxos Fazáns
Ángeles Huerta
Mellor actor protagonista
Luis Tosar (Golpes)
Adam Prieto (As liñas descontinuas)
Flako Estévez (San Simón)
Xoán Fórneas (Antes de Nós)
Mellor actriz protagonista
Alba Flores (Punto Nemo)
Cris Iglesias (Antes de Nós)
Lucía Veiga (Mi ilustrísimo amigo)
Mara Sánchez (As liñas descontinuas)
Mellor actor de reparto
Adrián Ríos (Antes de Nós)
Miquel Ínsua (Antes de Nós)
Nancho Novo (Antes de Nós)
Tatán (San Simón)
Mellor actriz de reparto
Desiré Pillado (O Home Perfecto)
Isabel Naveira (Lume)
Luisa Merelas (Antes de Nós)
Victoria Teijeiro (Antes de Nós)
Mellor música orixinal
Kangding Ray (Sirat)
Santi Jul, Iván Laxe (Bibopalula)
Sofía Oriana (Antes de Nós)
Xavier Bértolo (As liñas descontinuas)
Mellor comunicador/a
Lucía Veiga (Aquí Galicia Fest)
Miguel Canalejo (O videoclub)
Simone Saibene (Cinephilia)
Xosé Ramón Gayoso (Luar)
Mellor guión
Oliver Laxe, Santiago Fillol (Sirat)
Pepe Coira (Antes de Nós)
Alberto Vázquez, X. M. Ruiz (Decorado)
Anxos Fazáns, Ian de la Rosa (As liñas descontinuas)
Mellor curtametraxe de animación
Lucus
Nuno
O corpo de Cristo
O mesmo
Mellor curtametraxe de imaxe real
Abellón
Adeus, Berta
Algo novo que contar
Curmán
Mellor documental
360 curvas
Ao son da nova regueifa
Deuses de pedra
O silencio herdado
Mellor programa
Cinephilia
Cos pés na terra
O videoclub
Raíña-me
Mellor serie de televisión
Bibopaula
O Home Perfecto
Punto Nemo
Weiss e Morales
Mellor montaxe
Cristóbal Fernández (Sirat)
Diana Toucedo, Laura Piñeiro (As liñas descontinuas)
Gaspar Broullón, Lu Rodríguez (Weiss e Morales)
Lucía Iglesias Fuentes (Antes de Nós)
Mellor dirección de arte
Elia Robles (Antes de Nós)
Inés R. Sacristán (San Simón)
Laia Ateca (Sirat)
Sonia Prol (O Home Perfecto)
Mellor son
Toni Penido, David Machado, Javier Pato (Antes de Nós)
Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández, Toni Penido (San Simón)
Amanda Villavieja (Sirat)
Xavier Souto, David Machado, Javier Pato (As liñas descontinuas)
Mellor realización
Diego Guerrero, Marcos Estebo, Breixo Llano (Cos pés na terra)
Marcos Nine (Historias de Aquí)
Miguel Gomar (Raíña-me)
Simone Saibene (Cinephilia)
Mellor serie web
Alucinema
Bechos
Contando os días
Pipo
Mellor dirección de produción
Analía G. Alonso, Aleix Castellón (San Simón)
Lucía Caramelo (Antes de Nós)
Nati Juncal, Silvia Fuentes (As liñas descontinuas)
Oriol Maymó (Sirat)
Mellor dirección de fotografía
Jaime Pérez AEC (Weiss e Morales)
Lucía C. Pan AEC (Antes de Nós)
Mauro Herce (Sirat)
Sandra Roca (As liñas descontinuas)
Mellor vestiario
Aránzazu Domínguez (Antes de Nós)
Fede Pouso (Mi ilustrísimo amigo)
Nadia Acimi (Sirat)
Uxía Vaello (San Simón)
Mellor maquillaxe e peiteado
Chicha Blanco, Lorena Calvo
Fani Mosqueira
Sonia García
Silvia Neira
Zaira Eva Adén
Mellor anuncio
Ao Noroeste do Oeste
Gadis. Compartimos a vida
Hematofesti 2025
Historia que nos impulsa
Mellor videoclip
Ferido (O Xoán) - Fran Fórneas, Irene Montes, Xoán Fórneas
Hibernarse - Fillas de Cassandra
Non cho podo dar - Sabela, María Escarmiento
Onte fun moi malo - Grande Amore
Lugo engalánase para recibir este sábado ás estrelas do cinema galego. Durantes as últimas semanas, tódalas institucións implicadas traballaron para ir quentando o ambiente de cara ao gran día. Proxeccións, encontros de nominados, coloquios e demais eventos foron marcando o camiño previo á gala.
Lucía Iglesias, premio Mestre Mateo na categoría de mellor montaxe por Antes de Nós. Outro galardón máis para a produción de Ángeles Huerta e Pepe Coira.