«Antes de nós» encabeza a categoría de mellor longametraxe con 18 candidaturas, seguida por «Sirât» e «As liñas descontinuas», con 11 cada unha
04 feb 2026 . Actualizado a las 17:28 h.A serie O home perfecto e o programa Historias de aquí, ambos producidos por Voz Audiovisual, contan cun total de cinco candidaturas á próxima edición dos premios Mestre Mateo, que anunciaron os seus finalistas este martes. A ficción emitida en Televisión de Galicia, que aborda o asunto das estafas do amor, conta cun total de catro nominacións: para a actriz Desiré Pillado, a mellor interpretación feminina de reparto; para Fani Mosqueira, a mellor maquillaxe e perruquería; para Sonia Prol, a mellor dirección de arte, e para a propia Voz Audiovisual por mellor serie de televisión. Nesta última categoría, a ficción compite con outros tres títulos: Bibopalula, Punto Nemo e Weiss e Morales. Pola súa banda, o programa Historias de aquí, emitido tamén en TVG, obtivo unha candidatura para o seu director, Marcos Nine, no apartado de mellor realización. Nine xa gañou este premio nesta mesma categoría no ano 2025.
O home perfecto é unha produción de Voz Audiovisual estreada en TVG o pasado outono e baseada en feitos reais relacionados cos chamados «estafadores do amor». Dúas mulleres de xeracións distintas -interpretadas pola actrices Alba Loureiro e Elena Seijo nos papeis principais- caen na trampa do mesmo home, un estafador que lles fai crer que é o compañeiro ideal. Os seus trece episodios cargados de tensión, emoción e misterio afondan nas feridas emocionais, nas segundas oportunidades e nos enganos sentimentais. Inspirada en casos reais, narra como certos individuos se aproveitan da vulnerabilidade emocional das súas vítimas para gañar a súa confianza e conseguir cartos mediante enganos.
Historias de aquí é unha docuserie que mestura documental clásico e ficción para trasladar ao espectador aos feitos relacionados con algúns dos acontecementos históricos ocurridos en Galicia.
Na categoría de longametraxes, encabeza o listado Antes de nós, cun total de 18 nominacións, seguida por Sirât (que representará a España na vindeira cerimonia dos Óscar de Hollywood) e As liñas descontinuas, con 11 candidaturas cada unha. A mellor película compite tamén San Simón, con 8 nominacións.
Este ano, os premios da Academia Galega do Audiovisual entregaranse o 21 de marzo nunha gala que se celebrará no auditorio Fuxan os Ventos de Lugo. A actriz Andrea Varela e o presentador Juan Fuentes anunciaron esta mañá de martes as candidaturas finalistas, nun acto celebrado no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo. Xunto ao anuncio de finalistas, a Academia Galega do Audiovisual desvelou que a actriz Trisha Fernández e o cómico Federico Pérez serán os encargados de presentar a gala do 21 marzo en Lugo e a realizadora Marta Arévalo dirixirá o espectáculo.
Listado oficial de nominados aos premios Mestre Mateo
Mellor Longametraxe
- Antes de nós
- As liñas descontinuas
- San Simón
- Sirât
Mellor Interpretación Masculina Protagonista
- Adam Prieto, por As liñas descontinuas
- Flako Estévez, por San Simón
- Luis Tosar, por Golpes
- Xoán Fórneas, por Antes de nós
Mellor Interpretación Feminina Protagonista
- Alba Flores, por Punto Nemo
- Cris Iglesias, por Antes de nós
- Lucía Veiga, por Mi Ilustrísimo Amigo
- Mara Sánchez, por As liñas descontinuas
Mellor Interpretación Masculina de Reparto
- Adrián Ríos, por Antes de nós
- Miquel Ínsua, por Antes de nós
- Nancho Novo, por Antes de nós
- Tatán, por San Simón
Mellor Interpretación Feminina de Reparto
- Desiré Pillado, por O Home Perfecto
- Isabel Naveira, por Lume
- Luisa Merelas, por Antes de nós
- Victoria Teijeiro, por Antes de nós
Mellor Dirección
- Ángeles Huerta, por Antes de nós
- Anxos Fazáns, por As liñas descontinuas
- Lucía Estévez, por Weiss e Morales
- Oliver Laxe, por Sirât
Mellor Guión
- Alberto Vázquez, X. Manuel Ruiz, por Decorado
- Anxos Fazáns, Ian De La Rosa, por As liñas descontinuas
- Oliver Laxe, Santiago Fillol, por Sirât
- Pepe Coira, por Antes de nós
Mellor Serie de Televisión
- Bibopalula, de Undodez para Televisión de Galicia
- O Home Perfecto, de Voz Audiovisual para Televisión de Galicia
- Punto Nemo, de Punto Nemo La Serie AIE coa colaboración da Televisión de Galicia
- Weiss e Morales, de Portocabo, RTVE, ZDF Studios, ZDF, Nadcon
Mellor Programa
- Cinephilia, de Noveolas Producciones e Telemiño
- Cos pés na terra, de Filmax (Producións A Fonsagrada SL) para Televisión de Galicia
- O videoclub, de Brava
- Raíña-me!, de Brava para Televisión de Galicia
Mellor Documental
- 360 Curvas, de Rebordelos
- Ao son da nova regueifa, de @undodez
- Deuses de pedra, de Amateurfilms, Iván Castiñeiras, Primeira Idade, Rúa Escura, Promenons-Nous Dans Les Bois
- O silencio herdado, de Gaitafilmes e La Selva Ecosistema Creatiu
Mellor Serie Web
- Alucinema, por Kraken Media
- Bechos, por Undodez para Televisión de Galicia
- Contando los días, por Alba Loureiro e Tania Medina
- Pipo, por Undodez para Televisión de Galicia
Mellor Curtametraxe de Imaxe Real
- Abellón, de Fon Cortizo
- Adeus, Berta, d Kraken Media
- Algo novo que contar, de Queimarte Films e Brava
- Curmán, de Mala Herba Producións e Alejandro Jato
Mellor Curtametraxe de Animación
- Lucus, de Mala Herba Producións, Testaferro, Gonzalo E. Veloso
- Nuno, de Produciós OU Ké!
- O corpo de Cristo, de Abano Producións e Uniko
- O mesmo, de Algarabía Animación S.C e Canal Cosmopolitan Iberia S.L.U.
Mellor Videoclip
- Ferido (O Xoán), de Fran Fórneas, Irene Montes e Xoán Fórneas
- Hibernarse - O Videofilme (Fillas de Cassandra), de Fillas de Cassandra, Santi Iglesias, Sergio "Steel" e Tremendo Audiovisual
- Non cho podo dar (Sabela e María Escarmiento), de Sabela
- Ontes fun moi malo, (Grande Amore), de Ernie Records, Nuno Pico, Xaime Miranda
Mellor Anuncio Publicitario
- Ao Noroeste Do Oeste, de Undodez e Medio Limón
- Gadis. Compartimos La Vida, de Congo Producciones
- Hematofesti 2025 - Festival de Humor e Literatura Infantil, de Manu Viqueira
- Historia que nos impulsa, de Undodez e Real Club Deportivo
Mellor Música Orixinal
- Kangding Ray, por Sirât
- Santi Jul, Iván Laxe, por Bibopalula
- Sofía Oriana, por Antes de nós
- Xavier Bértolo, por As liñas descontinuas
Mellor Dirección de Produción
- Analía G. Alonso, Aleix Castellón, por San Simón
- Lucía Caramelo, por Antes de nós
- Nati Juncal, Silvia Fuentes, por As liñas descontinuas
- Oriol Maymó, por Sirât
Mellor Dirección de Fotografía
- Jaime Pérez AEC, por Weiss e Morales
- Lucía C. Pan AEC, por Antes de nós
- Mauro Herce, por Sirât
- Sandra Roca, por As liñas descontinuas
Mellor Dirección de Arte
- Elia Robles, por Antes de nós
- Inés R. Sacristán, por San Simón
- Laia Ateca, por Sirât
- Sonia Prol, por O Home Perfecto
Mellor Maquillaxe e Perruquería
- Chicha Blanco, Lorena Calvo, por Antes de nós
- Fani Mosqueira, por O Home Perfecto
- Sonia García, por As liñas descontinuas
- Sonia García, Silvia Neira, por San Simón
- Zaira Eva Adén, por Sirât
Mellor Vestiario
- Aránzazu Domínguez, por Antes de nós
- Fede Pouso, por Mi Ilustrísimo Amigo
- Nadia Acimi, por Sirât
- Uxía Vaello, por San Simón
Mellor Montaxe
- Cristobal Fernández, por Sirât
- Diana Toucedo, Laura Piñeiro, por As liñas descontinuas
- Gaspar Broullón, Lu Rodríguez, por Weiss e Morales
- Lucía Iglesias Fuentes, por Antes de nós
Mellor Son
- Amanda Villavieja, por Sirât
- Elsa Ferreira, Pedro Góis, Daniel Fernández, Toni Penido, por San Simón
- Toni Penido, David Machado, Javier Pato, por Antes de nós
- Xavier Souto, David Machado, Javier Pato, por As liñas descontinuas
Mellor Realización
- Diego Guerrero, Marcos Estebo, Breixo Llano, por Cos Pés Na Terra
- Marcos Nine, por Historias de Aquí
- Miguel Gomar, por Raíña-me!
- Simone Saibene, por Cinephilia
Mellor Comunicador/a
- Lucía Veiga, por Aquí Galicia Fest
- Miguel Canalejo, por O videoclub
- Simone Saibene, por Cinephilia
- Xosé Ramón Gayoso, por Luar