Sesión audiovisual e regueifeira que combina cinema e música popular galega
22 feb 2026 . Actualizado a las 05:05 h.Hoxe 18.00 horas • Camiño Pedregal, 6 • Sesión audiovisual e regueifeira que combina cinema e música popular galega. A xornada comezará coa proxección da curta Regueifando con pracer, de 30 minutos, dirixida por Cora Peña dentro do proxecto de Aopaso e Sra. Placerful. A continuación, ás 18.30 h, presentarase o documental Ao son da nova regueifa, de 60 minutos, dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas, que explora as novas xeracións e formas desta tradición musical. Ás 19.30 terá lugar un coloquio con Manolo Maseda, María García (Sra. Placerful) e mozas participantes do Regueifa Tour, que compartirán experiencias sobre os filmes e o mundo da regueifa. Para pechar xornada, ás 20.00 ofrecerase unha pequena actuación en directo do Regueifa Tour.