O programa gastronómico, o máis destacado da terceira Semana do Mar

J. Santos MOAÑA

VIGO

CAPOTILLO

Moaña As festas do mexilón e dos naseiros se celebrarán os días 6, 12 e 13 de agosto A Volta a Galicia de Vela rematará o día 10 no porto deportivo do Vaticano

29 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Moaña celebra entre o día 4 e o 13 de agosto a terceira edición da Semana do mar, unha semana de dez días, en realidade, con múltiples actividades entre as que destacan as festas gastronómicas do mexilón e dos naseiros; a oferta de menús e tapas basadas en productos da ría que presentarán entre os días 7 e 13 sete restaurantes e seis taperías; o terceiro encontro de embarcacións tradicionais, un concurso de pesca deportiva, a chegada da Volta a Galicia de vela; o Festival Internacional o Folclore do mar, o Campionato galego de traíñas, exposicións, charlas e obradoiros. Programa No programa, coordenado polo Concello da man do concelleiro de Mar, Daniel Rodas, participan unha chea de colectivos culturais, deportivos, profesionais e tamén os restauradores máis destacados do municipio. O día 4 inaugúrase una exposición de maquetas de barcos en Meira, organizada por Sueste. Pola tarde, a asociación Aferróns organiza duas charlas: Antonio Beiro falará da situación administrativa da pesca deportiva, sobre todo no que fai referencia ao Parque Nacional, e Lino Pazos falará dos naufraxios na ría O día 5 se celebrará o concurso de pesca deportiva que organiza Aferróns. O lugar de encontro será a nave da SD Tirán. O 6 terá lugar a Festa do mexilón que organiza a Asociación de Mulleres de Moaña. Haberá uns 5.000 kilos de mexilón ao vapor, a vinagreta, en salsa de vieira, escabeche ou empanada. O pregón o leerá a actriz canguesa Casilda García. Os días 6 e 7 se celebrará unha ruta de Kayak de mar, organizada pola OMIX. O día 10 chega a Moaña a Volta a Galicia de Vela na súa última etapa, unha volta que durante os últimos anos rematou en Cangas. O gaiteiro moañés Iván Costa poñerá a música. O 11 se presentará o a embarcación A Chasula, un cerqueiro restaurado. Fidel Simes presentará o seu libro «O bote polbeiro». Os días 12 e 13, as actividades se concentran no Samertolameu. Se celebrará a festa do naseiro e a clasificatoria e a final do Campionato galego de traíñas en Meira. O sábado terá lugar ademáis o Festival Internacional O Folclore do Mar que organiza Meiramar Axóuxeres: o tercer Encontro de embarcacións tradicionais programado por Sueste e obradoiros de artesanía