Entrevista | Lois Pérez Leira «Pretendemos impulsar unha plataforma electoral que aglutine a todos os partidos de esquerda para garantir un éxito electoral en Vigo»
10 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Pérez Leira presentou hai días a súa renuncia á militancia no BNG. Activo membro da CIG-Emigración, fundou hai unhos meses a Corrente de Esquerdas, que agora se integrará en Unidade da Esquerda Galega, siglas coas que ex militantes de Esquerda Galega e do Bloque pensan refundar «un partido de esquerdas alternativo á dereitización do Bloque». -¿Porqué a súa renuncia ao BNG? -Decateime de erros cometidos polo Bloque. Non me gustou o pacto suscrito co PSOE para o Concello. Non foi un bo goberno, non era o goberno de esquerdas que Vigo necesitaba. Co cambio de Beiras, os acordos nacionais con CiU e mailo PNV nos levaron a posicións moderadas que relegaban a un segundo termo o traballo sindical. O Bloque deixou de lado ser o partido defensor dos dereitos nacionais e deixou de loitar pola autodeterminación de Galicia. Non me sinto representado e non teño xa nada que facer dentro. -¿A Corrente de Esquerdas é o xérmolo da refundación de Unidade da Esquerda Galega? -Dalgún xeito sí. Na corrente hai compañeiros afiliados ao BNG, de fora do Bloque, comunistas, socialistas ou galeguistas. Decidimos traballar pola formación dun partido político e relanzar Unidade da Esquerda Galega, que é unha formación política que plantexa nos seus estatutos a defensa dos dereitos dos traballadores e a loita polo socialismo. -¿Qué pasos van dar a partires de agora? -Unidade da Esquerda Galega concorrerá ás municipais. Eso está decidido. Abriremos un proceso de relanzamento que concluirá a finais de novembro co segundo congreso extraordinario. A corrente seguirá funcionando, pero xa dentro deste partido, que se presentará o xoves. Pretendemos impulsar unha plataforma electoral que aglutine a todos os partifos de esquerda para garantir un éxito elefctoral. Ésta é unha cidade de esquerdas que demostrou o seu grao de combatividade coa folga do metal. Nesa coalición de esquerda tentaremos de incluir dende o BNG ate Esquerda Unida, Humanistas ou Os Verdes, pasando pola FPG ou calquera formación afin. -E se non hai acordo... -Unidade da Esquerda Galega presentarase igual. Cremos que existe a posibilidad de acadar ata tres concelleiros se vamos xuntos (non conta ó BNG porque supón que non se sumará á fronte proposta). Aspiramos a que a xente de esquerdas poda votar a un partido co que se sinta representado. -¿Cales son os mimbres iniciais de Unidade da Esquerda Galega? -Son compañeiros de distintos oríxenes políticos. Hai independentes, ex afiliados ao BNG, a Esquerda Galega ou ao Partido Comunista. Un deles é Marcial Martínez, ex concelleiro, ex membro de Esquerda Galega e fundador desta organización. -¿Hai xa conversas para esa fronte electoral? -Si. Pero están aínda nunha primeira etapa. Deberían rematar cunha posibilidade de acordo coa mayoría das forzas.