CONTRAPUNTO
30 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.FEDEN. Apestan. Non é só a de Vigo, por grande, son tódalas estacións depuradoras de augas residuais instaladas pola Xunta e os concellos as que cheiran mal, en Samil, como en Baiona ou en Cangas. Supostamente construidas para eliminar a contaminación, provocan a náusea. O peor é que non tiñan por qué feder. Dende hai anos, aló menos vinte, hai tecnoloxía e sistemas de depuración no mercado que permiten, non só evitar o mal cheiro, senón tamén aproveitar a enerxía de fermentación dos residuos para autoabastecer as plantas (a de Vigo precisa comprar toneladas de gasóleo e electricidade) e reciclar os lodos para elabourar abono de excelente calidade. Se é que algún político o quere arranxar, non ten que ir moi lonxe para ollar boas depuradoras. En Maia, a quince kilómetros de Oporto, hai depuradoras como deus e a Unión Europea mandan.