As gañadoras do Concurso de Carteis de El Corte Inglés recolleron os premios onte en Vigo
16 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, El Corte Inglés (hoxe poderíase dicir O corte inglés , ¿non sí?), puxo en marcha a quinta edición do Concurso de Carteis e onte celebrouse no centro comercial vigués a entrega de premios do certame de ámbito galego. O primeiro premio, dotado cunha tarxeta regalo de 300 euros, un diploma e un lote de libros, correspondeu a Alicia Colmeiro Corral, de 15 anos, alumna do IES Pintor Colmeiro. O segundo premio foi para a alumna de Los Sauces, Blanca Martínez Mapiño, de 17 anos, e o terceiro, para a alumna do IES Carlos Casares, Nadia Quintas Alonso, de 15 anos. A gañadora absoluta do concursdo foi Jency Dignori Leiva Gómez, de 17 anos. O traballo presentado pola alumna do Insituto de Ensino Secundario de Cacheiras (Teo), convertirase no cartel oficial que conmemore a celebración do Día das letras Galegas nos centros de Vigo, A Coruña e Santiago. Ademáis, o Pintor Colmeiro de Silleda recibiu un galardón especial a mellor labor de conxunto. As asociacións de veciños, comerciantes do mercado e empresarios do barrio de O Calvario artellaron unha forma orixinal de celebrar o día. Desde as 11 horas haberá degustación de productos do Mercado e exhibición de baile a cargo do grupo do Centro Cultural de Cedeira. Pola tarde, a partir das 19.30 horas, entrega de premios do concurso de poesía, recital poético protagonizado por Carmeliña, actuación dos grupos folclóricos Andarela e Tangaraño, baile moderno con Gorgollada, e ás 23 horas comenzará unha verbena animada pola orquestra Nueva Gala. O auditorio do Conservatorio Superior deixa para o martes, día 20, o acto das Letras Galegas, que consistirá nun concerto (ás 19 horas), integrado por pezas do compositor galego Rogelio Grobas. A xefa do departamento de piano, Josefa Estarque, fará a presentación do evento no que participarán varios alumnos e os profesores Teresa Novoa, Nicasio Gradaille, Fernando Raña e Alejo Amoedo.