CONTRAPUNTO
03 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.COMO todo o país sabe xa a estas alturas, o AVE é un tren político. Non está pensado para artellar Galicia, nin económica nin rendiblemente, se é que algunha vez a artella. Se así fora, o devandito ferrocarril chegaría directamente a Vigo do mesmo xeito que vai primeiro a Barcelona que a Girona. Se se tivo que afundir un petroleiro para que, políticamente, se tomase a decisión de unir Vigo e Ourense cun ferrocarril rápido, agora tería que caer a ponte de Rande para que se cumprira a promesa. O Plan Galicia está cheo de cousas coma ésta. Fraga, que seguramente non terá nada contra Vigo, é o primeiro en dubidalo. O presidente de Galicia razona que non paga a pena o esforzo, que Vigo e mais Ourense non deben ser cidades aliadas por tren. O erro, política e económicamente, é tan considerable como o foi tardar vinte anos en construir unha autovía entre Vigo e Madrid. Quedan dúas posibilidades: ou agardar outros vinte anos ou non quitarse o saio ata o 25 de maio. E votar por un AVE.