Reboreda recolle a súa identidade

La Voz

VIGO

A sociedade cultural da parroquia editou un libro coa toponimia e historia dos seus lugares e camiños

18 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

Os nomes dos camiños e lugares dunha parroquia forman parte da súa identidade e da súa historia. Así o entende a Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, que leva 25 anos traballando pola cultura, a lingua e a etnografía galegas. Hai xa ano e medio que este colectivo viña traballando na recuperación dos diferentes topónimos da parroquia, e rotulando con eles os lugares, prazas e camiños. Agora fixeron realidade un importante proxecto, recoller nun libro todos eles, coa axuda da Consellería de Cultura.