A fundación prepara un libro de homenaxe

La Voz

TELEVISIÓN

O director da Fundación Carlos Casares, Damián Villalaín, confirmaba onte que entre os proxectos nos que a institución está a traballar figura «un volume a medio camiño entre a fotobiografía e o libro de homenaxe. Pedimos moitas colaboracións para este volume e estamos a atopar unha excelente resposta por parte dos moitos amigos que Carlos tiña. O libro, que se vai titular Carlos Casares: as palabras, as imaxes, os amigos , e que publicará Edicións A Nosa Terra, recolle testemuñas de moita xente que tratou a Carlos e un amplo repertorio fotográfico».