Un Nobel no instituto

La Voz

TELEVISIÓN

JOSÉ SARAMAGO

11 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Jose Saramago acudiu ó Rosalía a recoller o premio San Clemente pola mellor novela en lingua extranxeira, Ensayo sobre la ceguera, cando xa era todo un Premio Nobel, o primeiro portugués que o ten. Estivera moitas veces en Compostela para asistir a actividades literarias, pero nunca concitara tantas emocións, entre outras a súa mesma, porque lle deran este premio antes ca o Nobel e por unha obra que non é doada de ler. Doara o medio millón para a creación dunha biblioteca pública no barrio de Vite, centro que leva o seu nome e que veu inaugurar.