Patrocinado porPatrocinado por

Unha empanada de xoubas gaña o concurso de Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CONSUMO MAR

Martina Miser

Foi realizada por Luisa Abal Oubiña

17 sep 2022 . Actualizado a las 20:59 h.

O concurso de empanadas de productos do mar organizado polo Concello de Cambados dentro do 400 aniversario do Muíño da Seca estreouse con bo pé, a pesar de coincidir con tempo de vendima. Presentáronse quince empanadas, das que só catro corresponderon a panaderías e pastelerías da vila, sendo a maior parte elaboradas por particulares.

O primeiro premio dotado con 150 euros foi para a empanada de xoubas de Luisa Abal Oubiña; o segundo, con 100 euros, para a empanada de millo de berberechos, de Confitería Montse, e o terceiro, cunha gratificación de 50 euros, para a empanada de millo de zamburiñas de Eduardo Ferreiros. «A máxima calidade de todas as empanadas presentadas complicaron as deliberacións do xurado», segundo informan desde o Concello. No tribunal participaron Meritxell Marcos, directora de Paradores; Linda Argibay representante de Zona Centro, e Marien Padín, técnica de Turismo do Concello de Cambados.

Rematada a deliberación, ao mediodía do sábado houbo ocasión de probar as empanadas, cunha degustación aberta a veciños e turistas. A concelleira de Turismo, Mila Martínez, anuncia que non se desbota unha próxima edición.