Patrocinado porPatrocinado por

Unha visión distinta 

Plataforma en Defensa da Cría TRIBUNA PÚBLICA

SOMOS MAR

Mejillonero recogiendo mejilla en el entorno de Con Negro, en O Grove
Mejillonero recogiendo mejilla en el entorno de Con Negro, en O Grove Martina Miser

«Para que se entenda ben, os percebeiros obtiverono 16 % do litoral», di a Plataforma

24 mar 2023 . Actualizado a las 20:58 h.

Calquera persoa allea á realidade do litoral galego, podería chegar á conclusión errónea de que un pérfido sector mexilloeiro pretende acaparar as rocas do litoral, afectando os pobres percebeiros... Nada máis lonxe da realidade. O que está a suceder é que os percebeiros non buscan unha solución ao «problema» senón confundir e manipular á opinión pública, algo no que algunhas confrarías son auténticas mestras. É falso que aos percebeiros lles quede soamente o 16 % do litoral e aos bateeiros o 84 %. A realidade é que os percebeiros poden ir ao cen por cento da costa e ademais conseguiron expulsar aos bateeiros do dezaséis por cento do litoral. Cambia o conto cando se enuncian as cousas dunha forma menos sesgada? Para que se entenda ben, os percebeiros obtiveron o monopolio do 16% do litoral.

Tampouco é certo que eles estean estritamente regulados e a extracción de mexilla non. A extracción de mexilla está rigorosamente regulada, entre outras, pola Orde do 26 de outubro de 2000, e en canto á normativa á que están sometidos os percebeiros sería bo que un auditor imparcial revisase tanto os plans de xestión como os «informes técnicos» tan loados polos percebeiros. Se cadra, isto deixaba de ser un conflito e pasaba a ser unha comedia. Os lectores deben ser conscientes que son os propios percebeiros os que deciden se se aumenta ou non o número de profesionais nos seus plans. E resulta _por suposto para protexer o recurso e non para diminuír o numero de competidores_ que a pesar de que o absentismo é moi elevado, case non se producen novas incorporacións. Que sorpresa, verdade?

É unha pena ter que estar continuamente incidindo neste punto, pero parece que o único obxectivo das confrarías é converterse nas propietarias de todo o litoral e conseguir, a xestión en exclusiva doutra fonte de ingresos vendendo a mexilla aos bateeiros. A que resulta interesante constatar o feito que eses «sufridos percebeiros» o único que buscan é facerse cun novo monopolio, o da semilla, como xa fan con outros recursos só explotados por eles.

Por último, sería bo que deixasen de monopolizar o discurso da heroicidade. Percebeiros e bateeiros traballan nas mesmas pedras, pero mentres uns deben moverse con sacos de mexilla de moitos quilos, outros sacan un par de quilos e basta. Outro día entraremos nos motores que uns e outros poden usar nas súas embarcacións, que tamén aí o sector percebeiro xogou con vantaxe.

Esperemos que agora as persoas que volvan ler acerca deste problema dispoñan dunha versión alternativa que quizá lles dea que pensar.