¿Cómo mellorar o pastoreo? A resposta está nunha xornada que se celebrará en Friol

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

Imagen de archivo de unas vacas en pastoreo
Imagen de archivo de unas vacas en pastoreo MONICA IRAGO

A actividade terá lugar no concello lucense a semana que ven 

19 feb 2026 . Actualizado a las 09:36 h.

O concello de Friol acollerá o vindeiro 23 de febreiro de 2026 unha xornada sobre pastoreo que contará con formación teórica e práctica. A programación arrancará ás 12:00 horas cunha sesión de aula que se estenderá ata as 13:30 horas, momento no que terá lugar o xantar. Xa pola tarde, de 15:00 a 17:00 horas, a actividade trasladarase ao campo cunha visita guiada a unha granxa para aplicar os coñecementos adquiridos.

A inscrición ten un prezo de 25 euros (inclúe o xantar) e o pagamento realizarase no momento de comezar a xornada. Cabe destacar que para os socios e socias de AEDA e BOAGA a actividade será gratuíta, cobrándose unicamente o importe do xantar. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar a súa praza a través do correo info@xangalicia.com ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 620 806 414.