O Parlamento Europeo reforza a protección ao sector contra prácticas comerciais desleais

José G. Santalla
Jose G. Santalla LOVAINA | E. LA VOZ

GANADERÍA

Grelos, cebollas y patatas e Galicia en una foto de archivo de un mercado
Grelos, cebollas y patatas e Galicia en una foto de archivo de un mercado LAURA LEIRAS

As novas medidas aumentan a cooperación transfronteiriza e combaten as violacións extracomunitarias

16 feb 2026 . Actualizado a las 09:48 h.

O Parlamento Europeo aprobou este xoves, sen ningún voto en contra, novas medidas para protexer ao sector agroalimentario contra malas prácticas comerciais. A proposta deberá ser aprobada polo Consello e entrará en vigor aos 18 meses de ser publicada no Diario oficial da UE.

Con esta decisión, búscase protexer aos profesionais do sector contra vulneracións cometidas entre países comunitarios ou extracomunitarios. Así, as autoridades nacionais poderán intervir automaticamente para deter estas prácticas desleais transfronteirizas, replicando o réxime de protección que teñen actualmente as indicacións xeográficas. As autoridades nacionais da UE tamén poderán informarse sobre prácticas negativas cometidas ou en risco de ocorrer mediante o sistema de información do mercado interior (IMI), unha ferramenta xa existinte de intercambio de información entre administracións. Actualmente, os Estados membros só poden intervir se o produtor afectado presenta unha denuncia formal.

A nivel externo, os mercadores extracomunitarios terán que designar a unha persoa de contacto responsable da UE en caso de ter unha investigación en curso. Con esta decisión búscase evitar que as compañías se establezan fora da Unión para non responder perante a lei comunitaria.

O eurodeputado italiano Stefano Bonaccini, poñente das medidas, afirmou que os granxeiros europeos estarán forzados a cumprir coas demandas e comportamentos inxustos das grandes empresas maioristas e minoristas. «Asegurámonos ter unha cadea de subministro agroalimentaria xusta, transparente e ceibe de explotación», declarou.

As novas accións reforzan a Directiva sobre prácticas comerciais desleais do ano 2019. Esta lei prohibe 16 prácticas prexudiciais para os productores agroalimentarios europeos das cales dez son consideradas áreas «negras» que non se permiten baixo ningunha circunstancia, como pagar mais de 30 días despois polos produtos perecedoiros ou cancelar compras destes bens con pouca antelación, ao cambios unilaterais no contrato por parte do mercador, transferir os riscos de perda e deterioración ao subministrador ou o uso de secretos comerciais por parte do comprador. Pola outra parte, as seis outras prácticas considéranse «grises» e permítense baixo acordo explícito das dúas partes, como a devolución dos produtos non vendidos ou o pagamento, por parte do subministrador, da promoción ou a publicidade. En España, a autoridade encargada de velar polo cumprimento destas medidas é a Axencia de Información e Control Alimenticios (AICA).