Patrocinado porPatrocinado por

Pastora é a nova Miss Vaca 2019 do Luar

Somos Agro REDACCIÓN

GANADERÍA

Facebook de Luar

A banda de Miss Lindos Ollos foi para Pastora, de Lugo; a de Miss Donaire, para Gallarda, de Ourense; Miss Aloumiños, para Clara de Pontevedra e Miss Poderosa, Pancha de A Coruña.

30 jun 2019 . Actualizado a las 11:49 h.

Pastora, a representante de Lugo, foi elixida esta madrugada Miss Vaca 2019 por cuestación popular. É a novena vez que unha vaca desta provincia acada un título creado na honra dun animal fundamental en Galicia. Porque foi a frase de Sempre en Galicia, de Castelao, «os concursos de vacas leiteiras valen máis que os concursos de beleza» os que levaron aos responsables do Luar a organizar o certame Miss Vaca, un evento que a pasada noite celebrou a súa undécima edición para homenaxear a un animal totémico que, ademáis foi, e é, fundamental, para a economía de Galicia. porque como ben dicía tamén Castelao «a vaca é a ama de cría da humanidade». No exterior do plató de Montouto, no concello de Teo, xuntáronse este ano Pancha, pola provincia de A Coruña; Pastora, por Lugo; Gallarda, por Ourense, e Clara, por Pontevedra.

«As vacas teñen o seu propio plató fora _explicaba o maestro de cerimonias deste evento e presentador de Luar, Xosé Ramón Gayoso pouco antes de que chegaran a Teo as vacas_  Está ao aire libre coa iluminación axeitada e aí transcurrirá parte do programa desta noite». 

Ademáis houbo catro galardóns que outorgados por un xurado composto polo antropólogo Manuel mandianes; a gandeira de Palas de Rei, Ana Corredoira, e o polifacético Tonhito de Poi. Eles foron os que colocaron as bandas de Miss Lindos Ollos a Pastora de Lugo; Miss Donaire, a Gallarda de Ourense; Miss Aloumiños, a Clara de Pontevedra e Miss Poderosa, Pancha de A Coruña.