Patrocinado porPatrocinado por

O SLG pide que se redistribúan os fondos do PDR para axudar ao sector vitivinícola

Somos Agro REDACCIÓN

AGRICULTURA

Viña proxima al mirador de Soutochao con una cubierta de paja para evitar la proliferación de malas hierbas
Viña proxima al mirador de Soutochao con una cubierta de paja para evitar la proliferación de malas hierbas CARLOS RUEDA

Pide que teñan en conta s particularidades de Galicia no momento de permitir aos afeccionados poidan ir máis alá dos cinco kilómetros para coidar as viñas

29 abr 2020 . Actualizado a las 19:49 h.

O sector vitivinícola galego, ao igual que o do resto de España, está sendo un dos máis perxudicados dentro do sector primario polas medidas derivadas do estado de alarma debido ao peche da hostelería. Por esa razón, dende o SLG avogan pola redistribución de fondos de desenvolvemento rural (PDR) a axudar a este colectivo. Neste senso, máis alá de que as adegas se poidan acoller á iniciativa de Mercaproximidade, na que colaboran diferentes empresas distribuidoras, a organización agraria reclama que se impulse con campañas publicitarias que os consumidores collan productos galegos para a súa cesta da compra. Ao mesmo tempo reclaman que os particulares poidan atender as súas viñas máis aló do límite dos cinco kilómetros. 

Desde el SLG explican que la «preocupante situación actual, coa comercialización de viño colapsada polo peche da hostalería, pódese tornar catastrófica no momento que nos acheguemos á seguinte vendima e moitas adegas se atopen cos almacéns cheos de viño sen vender, o que sen dúbida influirá na caída dos prezos e das compras de uva». Por iso, reclaman que dende a «Consellaría de Medio Rural se poña a traballar nunha potente campaña publicitaria que promova o consumo de viños galegos no propio fogar e non en restaurantes e bares». 

Ao mesmo tempo piden que se redistribúan os fondos do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) para crear unha liña de axudas directas destinadas a paliar as previsibles perdas que sufrirá o sector vitivinícola, especialmente pensando en axudar á parte máis vulnerable como son as pequenas adegas e a produción de uva.