«Esta festa gózana moito os maiores»

Hoxe será o día dedicado á terceira idade en Xove, con misa, xantar e baile e arredor de 445 persoas anotadas


A festa dos maiores do Concello de Xove está promovida dende a delegación de Servizos Sociais, Igualdade e Xuventude que leva Ana Abad, quen lembra o número desta edición (26), pois o ano pasado fixo o 25 aniversario.

-Xa ten bastante tradición esta cita nun municipio con bastante poboación maior.

-Si, está moi instalada.

-E como é a resposta?

-É unha festa que os maiores gozan moito. Están anotadas 445 persoas. É unha festa moi numerosa e moi demandada e sirve para reecontrarse con xente que algúns só ven ese día.

-Ten logo un papel de unir á veciñanza xovense, verdade?

-Ten unha función social tamén, de reencontro dos veciños. Para moitos deles é a oportunidade que teñen para saír das súas casas e celebrar unha festa diferente.

-Antes a zona rural era máis dinámica e activa que hoxe.

-Antigamente había os típicos traballos de labranza nos que os veciños axudaban a outros, era a forma de relacionarse, de saber as noticias...

-Que actividades farán hoxe?

-Ás doce e media haberá misa no Salón de Actos cos dous curas que hai no concello de Xove. É unha celebración na que participan os maiores, con lecturas e ofrendas. No Louzao (Area-Viveiro) teremos a comida onde daremos un obsequio (Cerámica Sargadelos) á muller e ao home máis maior. E haberá baile, sorteos de agasallos...

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
2 votos
Comentarios

«Esta festa gózana moito os maiores»