Patrocinado porPatrocinado por

«Distinguímonos pola calidade dos produtos»

La Voz

AGRICULTURA

García recordou que a agrogandeiría ecolóxica medrou un 20 % no 2011.
García recordou que a agrogandeiría ecolóxica medrou un 20 % no 2011. ÓSCAR CELA< / span>

O sector lácteo destaca en facturación e Galicia foi pioneira na certificación de conservas

23 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A agrogandería ecolóxica medrou un 20 % en 2011 e facturou máis de 21,8 millóns de euros. Javier García Lozano é o secretario Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

-¿Como é a reconversión en ecolóxico?

-Para inscribirse no Craega, o operador debe ter unha determinada superficie ou estar lonxe de zonas de contaminación. Unha vez inscritos, os animais e as terras deben pasar uns períodos de conversión, onde non se poden vender como ecolóxico.

-¿Como son os mecanismos de control?

-Veñen referenciados na normativa europea. Hai que facer, como mínimo, unha visita ao ano á explotación. Compróbanse os rexistros e tómanse diferentes mostras. Se o informe sae positivo, renóvase o certificado.

-¿Cales son os sectores máis destacados?

-En primeiro lugar atópase o leite e os seus derivados, que facturaron en 2011 preto de nove millóns de euros e significa o 50 % do total de España. Tamén a carne ten unha importancia notable, con 3,4 millóns de euros. Finalmente hai que falar das conservas de peixe, con ingredientes vexetais de orixe ecolóxico, que facturaron 2,2 millóns de euros. Fomos os primeiros en certificar mexillón e teñen moita aceptación en Europa.

-¿O aumento da facturación débese ás vendas no exterior?

-Por desgraza, si. Aquí estamos a niveis próximos a outras comunidades españolas, pero lonxe do que consumen o resto dos europeos. A situación agrávase coa crise.

-¿Haberá máis interese coa nova PAC?

-O camiño é ese. Distinguímonos pola calidade dos produtos. As nosas explotacións nunca poderían competir no mercado en prezo. A maneira de facelo é producindo en ecolóxico e dentro dunha Indicación Xeográfica Protexida.