O potencial de Ourense

Víctor V. Gulías

AGRICULTURA

Anosa provincia leva escrita na súa toponimia dúas fortes verbas. Unha delas fai referencia ao ouro, que é sinal de riqueza. E así como dentro desta enorme riqueza natural atopamos parte do seu potencial económico. Hoxe quero recordar un. Na Limia temos unha das zonas con maior produción agrícola extensiva (patacas e cereais) de toda Galicia. O Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei poñen os seus mellores viños nos mercados internacionais. Rios, A Gudiña, Viana do Bolo, Trives, Manzaneda... exportan castaña a varios continentes do planeta. E xa non falemos da lousa de Valdeorras e da pedra que se extrae por toda a provincia. Sen esquecer o enorme potencial forestal e ecolóxico dos seus montes e parques naturais. A outra das verbas que eu falaba o principio fai referencia a saúde, que é sinal de benestar. É esta a que nos leva a xerar aínda mais poder económico, porque na nosa provincia tamén vivimos de xerar boa saúde. Aquí están tamén algúns exemplos: a nosa provincia é un paraíso termal, pero ademais disto, temos moitas fontes de augas mineromedicinais que comercializamos, e moitas que aínda non. Temos turismo cultural, natural, gastronómico...E por iso que os ourensáns non precisamos unha Sogama dous, nin postos de traballo que nos enchan de lixo. Porque nós temos, como pobo, potencial dabondo.