«O poder da música é alucinante»

SOCIEDAD

Pinto&Chinto

Hai poucas persoas en Galicia que se coñezan só polo nome. Uxía é unha delas. Cítame na illa de Arousa, no faro. Difícil atopar un escenario máis sedutor

21 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai poucas persoas en Galicia que se coñezan só polo nome. Uxía (Mos, 1962) é unha delas. Cítame na illa de Arousa, no faro. Difícil atopar un escenario máis sedutor. Así que a entrevista empeza con vantaxe: Uxía 1, La Voz 0. O encanto da cantante fará que sexa incapaz de remontar o resultado.

-Fáleme de cando era nena.

-Gustábame moito xogar na rúa, como toda nena criada na aldea. Unha nena feliz cos seus amigos facendo as trasnadas típicas de pequena. Despois fun unha boa estudante, creo.

-Vén dunha familia musical...

-Si. Meu pai é músico e na casa respirábase ese ambiente. Comezou tocando o saxo e logo o contrabaixo nunha orquestra de baile. Chamábase Orquesta Madison, era do Porriño. Compatibilizaba a música con outro traballo. Nós eramos seis irmáns. Cinco mulleres e un home. Iso dá moito de si, xera moita complicidade.