As persoas en Galicia consomen moitos cogordos ou choupíns, como se coñecen diversas especies de Macrolepiota, cogomelos con chapeu superior a 10 centímetros de diámetro cando está aberto, cuberto de grosas escamas pardas concéntricas e láminas brancas na cara inferior. Teñen un pé de máis de 1 ou 1,5 centímetros de diámetro, con un groso anel móbil. Poderían confundirse con outras especies do xénero Lepiota, altamente tóxicas como a Amanita phalloides (destrúen o fígado e, posteriormente, os riles).
Pero esas especies de Lepiota, que tamén presentan escamas no chapeu, son pequenas: de 5 a 6 centímetros de diámetro; rara vez chegan aos 10. O pé é moi delgado e o anel non é móbil. Este ano, debido á boa climatoloxía, poderían ter alcanzado eses máximos de 10 centímetros, co que a confusión é mais fácil.
No caso da Amanita phalloides non hai erro posible, xa que o chapeu é verdoso ou amarelado e non ten escamas escuras. E na base do pé ten unha volva, especie de saquiño branco. No recente caso de Ourense, a intoxicación debe ter sido por ignorancia no coñecemento sobre cogomelos.
Loxicamente, os médicos non saben o que intoxicou á familia; eles non coñecen os cogomelos, pero polos síntomas parece unha intoxicación hepatotóxica, que pode ser producida por Amanita sección Phalloidea, Lepiota brunneoincarnata ou Lepiota helveola.
Marisa Castro es Profesora de Bioloxía na Univ. de Vigo.