Misturamos a bohemia de Tonhito de Poi coa fría tecnoloxía teutona
06 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Vincular a Tonhito de Poi cun Audi non é un reto sinxelo. A personaxe, libre e bohemia, dista moito da filosofía xermana e recta que imprime esta elitista marca de coches. A beleza do A1 está milimétricamente medida e estudada. E a beleza de Tonhito... bueno, esa igual hai que buscala no interior. Recén chegado do Azores Fringe Festival, esta noite subirase á un escenario peghado ao hórreo de Lira coa súa banda de Poi. O tipo non para. Así que, con esa axenda apretada, ben necesitaría un Audi A1.
-Acaba de editar un novo disco máis o libro Viaxe cósmico á Amazonía. ¿Valeríalle un Audi para esa viaxe?
-Si, si... ten bo sonido no interior. E cando lle puxen o disco dentro soaba estupendo. É como estar na selva.
-¿Que debe ter un coche para que lle convenza á hora de mercalo?
-Recoñezo que se por min fora iría a cabalo, pero ao final tes que recurrir ao coche. Agora ben, se o fas, procura ter o mellor. No meu caso son pouco esixente. Vou coa miña guitarra, se cabe no maleteiro o coche xa me serve.
-¿Cre que o A1 aguantaría toda unha xira de Tonhito de Poi?
-Si oh,... nós andamos por cerca. É certo que acabo de chegar das Azores pero alí non chega nin o A1 nin un fórmula 1. Pero sería perfecto para ir este verán aos concertos de Gondomar (27 de xullo) e a Malpica (17 de agosto). Vese qué un coche fiable, robusto e de calidade, ideal para rock&rollear por ahí. Non hai fallo.
-¿Con qué música describiría a este modelo?
-Mnnn, I feel good, de James Brown. Pero máis que música, o que me lembra tanto mirar para o A1 é unha frase que disía miña avoa cando iamos de Poi a Ribeira. «Ai Dios mío, hai máis coches que persoas».
Tonhito de poi artista polivalente