«Vou ter que practicar para afacerme ao cambio automático»

Tamara Montero
Tamara Montero SANTIAGO/LA VOZ.

SOCIEDAD

A Manuel Díaz e o ganador do derradeiro toyota auris que sortea la voz. Foi a primeira vez que lle tocou algo na vida, xusto no momento en que pensaba en cambiar o seu vehículo, que xa fixo once anos e será para a súa irmá

21 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Nervioso, pero moi contento, entrou onte Manuel Díaz no concesionario Compostela Móvil de Milladoiro, en Ames. A ocasión non merecía menos. Este lucense foi o derradeiro gañador do Toyota Auris que sorteou La Voz. Pecha así unha promoción que repartiu un total de seis coches por toda a xeografía galega, un vehículo cunhas novidosas prestacións que miran polo medio ambiente. Ao contar cun motor híbrido, cando circula a menos de 50 quilómetros por hora, o coche tan só utiliza enerxía eléctrica, o que ten unha tradución moi simple: cero emisións e cero consumo.

-¿Nunca lle tocara nada?

-Non, nunca. Tampouco son moi dado a participar en sorteos. Ás veces penso: vou mercar un décimo ou facer unha primitiva, pero ao final sempre se me esquece [ri].

-¿Como recibiu a noticia de que era o gañador do Auris?

-Eu estaba traballando e foi unha empregada a que me avisou de que me chamaban por teléfono. No momento, e pola hora que era, eu xa me din de conta de que había ser polo do sorteo do coche.

-¿E que lle parece?

-É moi bonito. ¿É automático, non? Terei que practicar para afacerme a que sexa automático, e non sei se darei, porque non son moi bo piloto. Prudente si que son.

-¿Dá moita importancia ao feito de que o vehículo sexa coidadoso co medio ambiente?

-Sei un pouco das características do coche polo que se contaba no xornal. Supoño que o feito de que sexa híbrido reduce o consumo.

-Claro.

-Pois iso está moi ben, porque todo o que sexa aforrar é necesario.

-¿Que vai pasar agora co seu coche?

-Teño un Seat Ibiza de 11 anos. Veume moi ben este sorteo, porque xa era tempo de cambiar de vehículo e, se non me tocase este, pois non podería cambialo. A miña irmá, Mercedes, ten carné pero non coche, así que lle darei o antigo a ela.

-¿E o seu sobriño, que está aquí con vostede?

-Pois igual hai que emprestarllo tamén, porque el, ao contrario ca min, si que é bo piloto.