«O gran reto é a formación»

La Voz

SOCIEDAD

José Manuel Solla, presidente da Sociedad Española de Medicina General

01 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Dende xuño José Manuel Solla preside a Sociedad Española de Medicina General, entidade científica con grupos de traballo en tódalas patoloxías e impulsora de formación para os médicos. -¿Quén paga a formación? -Aquí a formación continuada dos médicos lévana a cabo as sociedades científicas, algo os sindicatos, os colexios médicos e farmaindustria. Esa é a verdade. -¿E un problema español? -A formación continuada é o gran reto en toda Europa. O gran debate hoxe é que ten que pagar a formación continuada se a administración, como sucede, non a paga. É tamén unha cuestión ética porque se debate a oportunidade de que a industria farmacéutica pague o 90% da formación en España. Eu penso que o criticable é que se paguen curceiros ou safaris pero, se paga formación, a situación cambia. O que ten que haber é un gran debate expoñendo a realidade. -¿A Sociedade abriu fronteiras? -Fixemos unha campaña formando a médicos do Sahara e agora estamos en Nicaragua montando unha sociedade científica para facer formación porque a situación de corrupción e miseria é absolutamente penosa, tamén para os profesionais da medicina, que cobran 20.000 pesetas ao mes fronte aos 6 millóns do delegado para a pobreza.