O encontro de irmandade anual comenzou en setembro de 2024
21 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«As 3 Negreira de Galicia» é un encontro de irmandade anual que comezou en setembro de 2024 na que é concello. Este sábado levouse a cabo na Estrada, na parroquia de San Miguel de Barcala, na que existe a aldea de A Negreira. No acto participaron os tres alcaldes: Alberto Romar (Santa Comba), Manuel Ángel Leis (Negreira) e anfitrión, Gonzalo Louzao (A Estrada). As intervencións abriunas o historiador X. Amancio Liñares Giraut, de quen partiu a idea, seguido do especialista en toponimia Fernando Cabeza Quiles, quen disertou sobre a orixe do topónimo A Negreira. Entre os participantes estaban tamén a concelleira de Cultura da Estrada, Lucía Seoane, e negreireses Teresa Duro, Mar García e Adolfo Barbosa, ademais do profesor de galego Ramón Blanco ou o historiador José Caamaño.