El «temido burofax» que movilizó a CircoNove para salvar su nave de Santiago e iniciar una original campaña con recompensas para intentar recaudar 157.000 euros
SANTIAGO
La asociación ya es dueña, desde el 8 de octubre, de su sede de As Cancelas. Para financiar la compra, a la que se llegó tras un inmenso susto, contaron con un préstamo de COO57, una cooperativa de crédito ética. Para devolvérselo lanzan una original campaña de «crowdfunding», con la que los donantes pueden obtener a cambio un cumpleaños infantil, un espectáculo exclusivo o una gala de circo
24 oct 2025 . Actualizado a las 14:38 h.Octubre ha sido un mes decisivo para el circo compostelano. En su segunda semana se supo que la compañía Pista Catro se hacía con el Premio Nacional de Circo. Casi al mismo tiempo, CircoNove, una asociación cultural sin ánimo de lucro, fundada hace 20 años en Santiago, se convertía en dueña de su nave de As Cancelas, un área adaptada a las disciplinas circenses, donde llevan 15 años. Un amplio espacio que acoge tanto una escuela de circo, en la que CircoNove ya suma más de 150 alumnos, como una distribuidora de espectáculos, varias compañías profesionales, residencias artísticas, un almacén para compañías, talleres para colectivos en riesgo de exclusión o un punto de encuentro para artistas de calle.
«Desde o 8 de outubro somos propietarios da nave. Esa foi unha data histórica para o circo compostelán e galego. Aínda así, a compra xorde a raíz dun enorme susto», apunta Álvaro Reboredo, el presidente da asociación, en una entrevista en Radio Voz, no restando sufrimiento a todo lo vivido.
«Os membros da asociación xa escoitáramos que o dono da nave puxéraa en venda, pero, hai dous meses, chegounos o temido burofax de que había un comprador. Como inquilinos, se nos ofrece a posibilidade de mercar o inmoble e decidimos, aínda co corazón latindo, tirarnos de cabeza á piscina. E ás veces os proxectos maduran a partir de infortunios», destaca.
«Activamos entón os protocolos de emerxencia. Pese ao medo e o tempo de incerteza, todo mudou cando COO57, unha cooperativa de crédito ética, que financia proxectos sociais e culturais e inviste en proxectos económicos que reverten na sociedade, como foi é o de Numax, concedeunos un préstamo. Se non fora por esa xente, os nosos anxos, non poderiamos ter acometida a escritura do espazo, non chegariamos en tempo e forma ao contrato de arras; a afrontar a compra. Moitos socios tamén colaboraron», destaca agradecido el presidente de CircoNove, aclarando lo que supuso a nivel emocional y de supervivencia del proyecto la compra de la nave. «En todo este proxecto vímonos reforzados por todo. A nosa colectividade conectouse. Sentímonos máis maduros», realza.
«Todo resolveuse satisfactoriamente. Estamos moi contentos, pero aínda encollidos, co susto no corpo… Pasada a compra, xa nos puxemos en marcha para devolver o préstamo, así como as axudas que nos deron socios e xente próxima. Foi entón cando decidimos lanzar unha campaña de crowdfunding para que todo o mundo que quixese, e poida, contribúa. Temos que chegar a certos mínimos, para devolver o diñeiro e afrontar tamén obras, xa como propietarios, como as do tellado da nave», explica.
«Se alguén busca en internet CircoNove resiste xa te deriva a unha páxina de Goteo, onde se detalla a campaña, e se especifican as doacións. Pensamos en recompesas para os colaboradores, para intentar agradecer todo», acentúa, repasando algunas de las posibilidades.
«Puxemos distintas cifras. Por exemplo, se se aportan 15 euros, teríase opción a un matrícula, máis un mes de clase na escola CircoNove, mentres que se se son 20 euros, a un vídeo de agradecemento. Con 25, ofreceríase unha corda para aéreos. E con esa mesma cantidade, unha entrada para un Cabaret Exclusivo para Mecenas, co que celebraremos o día mundial do circo», avanza Álvaro Reboredo.
«Un termo, láminas serigrafiadas ou un calendario solidario son outras das opcións, así como, con 50 euros, un taller multidisciplinar de circo para dúas persoas. Con 125 euros porase o nome do que fixo a doación a un ladrillo no noso particular muro da fama», comenta, sin perder nunca el humor, aludiendo a una pared de la nave ya en propiedad de CircoNove.
«Aportando 150 euros hai opción a un adestramento de seis meses o a un curso intensivo de clown, mentres que se se chegan a 200, poderase celebrar un cumple infantil na nave para 20 rapaces con monitor», introduce, teniendo siempre en mente a los niños, uno de los grandes públicos de Circo Nove. «Mil euros dan opción a un espectáculo de 40 minutos en pequeno formato e se se doan 5.000, a unha gran gala de circo de unha hora de duración», aclara.
«Marcámonos prazos. Nun primeiro, de pouco máis de trinta días, gustarianos chegar aos 21.400 euros. A campaña leva en marcha catro días e xa sumamos 6.230 euros. A nosa aspiración sería chegar a 157.960 euros. Oxalá… O mínimo sería 21.400», aclara, mostrándose optimista. «Neste mes sentimos moita calor de todo Santiago», agradece.