Actividades

La Voz

SANTIAGO

1. Moitos conceptos, en efecto, pero é fundamental saber distinguir democracia de ditadura, por exemplo, e coñecer o significado de «eleccións», «xenofobia», «emigración»...

2. Seguro que na túa familia hai ou houbo algún emigrante. ¿Por que non facerlle unha pequena entrevista sobre como o trataron no país ao que foi? E se non lla podes facer, ¿que conta ou contaba de como era a outra xente?

3. Claro que tampouco hai que esquecer que quizais no noso centro haxa algún inmigrante. E resulta que, amais do idioma ou o acento, é igual que calquera. ¿Ou non?

4. Os Auténticos Finlandeses non queren rescatar a Portugal. Ou sexa, que a UE non lle preste cartos. ¿Estás de acordo? Eles argumentan que pagan impostos máis altos e que os portugueses (e os gregos e os irlandeses), e que estes tiñan que ter administrado mellor o que tiñan. ¿Quen a favor, quen en contra? Pois formemos dous grupos de debate.

5. A xeografía é fundamental para saber de que falamos e onde estamos. Mira nun mapa de Europa os países citados. E hai que saber as capitais.

6. Ole Kjellerup, o entrevistado, seguro que estará ledo de recibir a túa opinión. Entende e fala castelán, aínda que non galego. O seu correo electrónico é ok@os.dk